luns, 30 de setembro de 2013

OS ROTAS DE AXÓUXERE NA SÚA PRIMEIRA ASEMBLEA ROTA

A nosa comunidade Tótem de rotas pasou o fin de semana nos Ancares, en compañía do resto de comunidades rotas de Scouts de Galicia - Escutismo Católico Galego celebrando unha Asemblea Rota.

Foi unha finde moi longa, con grandes debates, cuestións, reflexións,... sobre o que son os rotas, os seus proxectos, o seu futuro, as súas ilusións,... Todo ilo sumado a un percorrido de 7 km polo río Navia con "kayaks", onde a unión e a compenetración foron os factores predominantes durante todo o percorrido. Tamén tiveron tempo para realizar unha acción de servizo grazas a asociación Adega no Proxecto Ríos, onde limparon unha parte do río Miño ao carón da cidade de Lugo. Logo comezaron a traballar a estrutura da Asemblea Rota, que xa comeza a coller forma. E para finalizar, avaliaron o encontro, o cal foi moi positivo para a nosa comunidade Tótem así como para o resto, onde aprenderon, atoparon, gozaron, ilusionaronse e viviron experiencias que de seguro non os deixaron indiferentes.

A despedida do resto das comunidades, foi simplemente un "ata logo", porque haberá un novo encontro, un novo debate e unha nova acción en 4 meses, os/as nosos/as rotas xa están nerviosos pola seguinte Asemblea Rota que terá lugar a finais de Xaneiro do 2014.



1 comentario:

  1. Que solo sea la primera, mucho ánimo, aprovechar que tienen apoyo de vuestros responsables para que esto sea solo un comienzo!

    ResponderEliminar